xoves, 11 de outubro de 2018

VISITA Á BASE DE BRIGADAS HELITRASNPORTADAS DE O CAMPIÑO DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA.

O mércores, 10 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º fumos visitar aos axentes forestais que traballan alí. Foi fantástico, vimos unha película, déronnon unha charla sobre prevención, e logo poidemos botar auga coas mangueiras e subir a un dos seus camións. Pero o mellor foi que nos ensinaran o helicóptero e ata poidemos subir a el. Tamén descubrimos que teñen un lugar onde entrenarse e xogar ao boleibol.

As fotos do día

venres, 22 de xuño de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR: OS POEMAS DO RÍO


Este ano puxemos en marcha o proxecto de apadriñamento lector entre alumnado de 5º de EP e 2º de EP. Para isto escollemos unha obra de teatro, Os poemas do Río, con texto de Cristina Corral Soilán e ilustracións de Aurora Cascudo Román. 

Organizámonos  por parellas e os maiores axudaron a ler aos pequenos dando os seus primeiros pasos na lectura, como podedes ver…








Unha vez organizada a lectura o alumnado de 2º EP seguiu a ler na clase, porque eles/as ían traballar esta teatralización na Caracola Radio, ata se converter en auténtic@s actores e actrices de Radio, aquí os tedes nos días de grabación.





Tras tanta axuda entre compañeir@s e coas prácticas da clase e da casa, o resultado de teatro radiofónico foi fantástico, xulgade por vos mesm@s..

TEATRO RADIOFÓNICO : "OS POEMAS DO RÍO"

(Alumnado 2º EP)




Pero a cousa non quedou aquí, a profe Cris tiña gardados uns disfraces de atrezzo da obra de teatro, así que empezamos a ler con eles postos, tanto nos animou isto que pensamos que un bo xeito de agradecer a axuda prestada polos maiores era convidalos a unha lectura pública da obra de teatro, así que fixemos unas invitacións personalizadas para eles/as....



E obviamente co permiso do profe Luis aló marchamos a levarllas á clase, para saber se poderiamos contar coa súa presenza no espectáculo…

 



 Como xa nos contestaron no momento axiña soubemos quen sería o noso público no día da estrea...






Unha vez confirmada a súa asistencia montamos o escenario na biblioteca e así foi a cousa…

LECTURA TEATRALIZADA: "Os poemas do Río"
(Alumando 2º EP)



POEMAS CON SEGREDO

Este días tamén andivemos adicados á poesía... nós xa eramos de ler e recitar coa profe na clase. Gústanos por exemplo Poemas con Piruleta de Carlos Fontes e Leandro Lamas...


Tamén lemos algúns poemas que aparecen nos libros de texto das linguas...



Pero estes días, a profe Cris trouxo a súa caixa da poesía con moitos tipos de libros con poemas, algún con rimas asonantes, outros consoantes, outro sen rima e uns que teñen "segredo"...



Así que de tanto ler e de tanto falar pensamos que igual nos podiamos animarnos a facer algún deses poemiñas con segredo... As profes encargáronos que o poema tivera escondida a palabra PONTEVEDRA... e alá nos lanzamos a compoñer...


¿Queredes escoitarnos recitando? Pois aquí tedes a Héctor, Nerea, Silvia e Sabela...








xoves, 21 de xuño de 2018

PONTEVEDRA E O RÍO LÉREZ


Esta tempada andivemos bastante interesados no tema dos ríos (en breve veredes cal foi o motivo) sobre todo porque sabemos que pola nosa cidade pasa un, o río Lérez. Aproveitamos e coñecemos cousas sobre Pontevedra e os seus arredores.
Recollemos toda esta información nun tríptico deses que agora chaman scrapbooks. O proceso foi divertido e aprendemos unha chea de cousas…

 

Empezamos por ver onde nace e onde desemboca o Lérez, e como chega á cidade de Pontevedra e que lugares sauda ao pasar (aos que fomos nomeando no noso libro personalizado).

  






Veredes que o noso río está feito co papel de aluminio que fomos reciclando dos nosos bocatas durante todo o curso... 






Despois pensamos na cantidade de pontes que ten a nosa cidade polos que pasa o Río Lérez e tamén os fomos colocando no noso libriño.






Engadimos as cousas interesantes que podemos visitar que están preto de Pontevedra, como os restos arqueolóxicos de Campo Lameiro, os restos do balneario que hai cando o río e por suposto noso mosteiro!



 Engadimos un mapa de Galicia na portada do traballo para que todo o mundo saiba onde está a nosa bonita cidade.






E como colofón deste proxecto explicamos quen somos e puxemos unha foto de Pontevedra co curso do río que estivemos estudando… e a nós suxetándoa porque sen lugar a dúbidas, como ben diría Tonucci, os nenos e as nenas de Pontevedra somos os seus pilares básicos :)

 



(E o mellor de todo... cando non estamos suxetando a cidade somos marcadores para todos eses fantásticos libros que leremos no verán :P )

Rematamos esta fantástica mañá de fin de curso lemos tod@s xunt@s unha copla que fala de Pontevedra... Pontevedra é Boa Vila...