mércores, 19 de abril de 2017

OS OBRADOIROS DE EXPERIMENTOS

Xa falamos aquí dalgún dos obradoiros que temos os venres no cole. Hoxe imos falar doutro deles, concretamente do "Obradoiro de experimentos" que coordina a profe Jackie. Nel aprendemos un montonazo de cousas de ciencias e facemos uns inventos chulísimos coas nosas propias mans, experimentando cos nosos propios medios e vendo que a ciencia está ao noso redor, ás veces sen que casi nos demos conta.

Nesta sesión aprendimos como é máis sinxelo para o noso cerebro lembrar por exemplo o nome das persoas se o asociamos a intereses, cualidades ou calquera tipo de referencia a el ou a ela.




Para iso creamos a nosa propia colección de personaxes aos que lle puxemos os nomes que preferimos.






Pegámolos en tarxetas en cartulinas de distintas cores de xeito que cada un/unha teña as súas propias e distintas as d@s demais.






Na parte de atrás da ficha incluimos algunha información relativa as aficións das personaxes inventadas...




Isto axudounos un montón a memorizar os seus nomes. O noso cerebro so tivo que asociar aficións e nomes e cousa foi moi doada!
Para comprobar que isto funcionaba puxémolo en práctica co resto de compañeir@s...









sábado, 15 de abril de 2017

FOMOS VER UNHA OBRA MUSICAL

A música encántanos e este mes tivemos a sorte de poder asisitir a unha obra de teatro musical.
E aquí nos tedes tod@s led@s rumbo ao teatro!




Neste caso foi no edificio de A Fundación, en Pontevedra, e a obra contábanos a historia de "A bruxa discordia" ao tempo que mesturaba o acontecido coas músicas do disco Cancións para a paz de Mamá Cabra.





Pasámolo xenial fartamos de rir e de cantar xunto cos nenos e nenas de outros colexios que tamén foron con nós.




Aquí vos deixamos un resumo da obra e de todos os temazos que bailamos ata quedar agotad@s

Encantounos:)


CONTOS Á CARTA

Seguimos traballando dentro do programa "Escribir como lectores" da AELE (Asociación Española de Lectura e Escritura) no que estamos inscritos e co que estamos a  descubrir o libro "El oso que leía niños" de Gonzalo Moure

Nesta ocasión argallamos unha actividade moi interesante para que traballaran de xeito conxunto o alumnado de 1º de Educación Primaria co de 5º, de xeito que @s  pequen@s interactuaran cos/as grandes: os peques elexirían títulos para contos que os maiores lles escribirían, unha especie de contos á carta.

Nunha primeira fase da actividade, o alumando de 1ºEP encargouse de facer títulos de posibles contos que estaban por escribir, e que se parecían moito ós daquel libro tan interesante que estiveron a ler: El oso que leía niños.

Para inventar estes títulos fixeron un xogo moi divertido co que ampliaron o seu léxico e a súa imaxinación. A profe Pili deulles tres caixas nas que había animais, verbos e cousas respectivamente. 


 





Cada nen@ escolleu o animal que máis lle gustou, a acción que quería que fixese e a cousa á que se refería esa acción.



Así os resultados foron moi variados e varipintos, e deron uns títulos moi divertidos.


Unha vez escritos os títulos fixeron incluso as ilustración que representarían a ese contos que querían pedirlle aos seus/súas compañeir@s de 5º.



"El conejo que viajaba a los castillos"


"El búho que miraba casas"


"El hipopótamo que odiaba las tormentas"


"El gallo que regalaba radios"


"El ciervo que curaba árboles"

E dito e feito o alumnado de 5º co profe Luis púxose mans á obra e creou todo tipo de contos para tantas peticións como tiveron. Cando estiveron listos levouse a cabo un encontro na biblioteca e leron os contos escritos aos seus/súas "clientes/as".












Tod@s opinaron sobre se lles gustara o conto, se os personaxes eran como esperaban, pediron cambios, fixeron suxerencias e pasárono estupendamente con esas lecturas de contos á carta.









Xa está no forno a edición dun pequeno libro que recolle todas estas obras creadas en conxunto nesta experiencia marabillosa. En breve colgarémolo aquí, no blog do cole.


Bo traballo rapaces/as!



domingo, 9 de abril de 2017

OUTRO ANO MÁIS DE CONTO VIAXEIRO


Nas derradeiras semanas de marzo entregamos o que foi o "Conto Viaxeiro" deste cursounha iniciativa que pretende promocionar o uso do galego, ademais de crear un traballo cooperativo entre o alumnado dalgunhas escolas de Pontevedra.

Este ano, máis que un conto animáronos a facer algún traballo relacionado co tema "Petiscos de Agarimo". No noso cole participou parte do alumnado de Educación Infantil, ademais de 1º e 2º de Educación Primaria, aquí vos deixamos algunhas fotos dos nosos traballos.


1º de Educación Primaria










2º Educación Primaria










3 anos



4 anos


5 anos