luns, 22 de maio de 2017

O TITANIC GALEGO

No mes de marzo  fomos a clase de 5º e 6º de primaria do Colexio de San Benito De Lérez, a ver unha exposición na Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente.

A exposición trataba sobre O Santa Isabel. Era un barco que se afundiu enfronte da Illa de Sálvora. Levaba moita xente abordo. Algúns morreron e outros foron salvados pola xente do pobo que se botou ao mar cos seus botes.

Destacou por riba de todo o labor de tres mulleres que salvaron a vida de moita xente. Algunhas persoas que non morreron cando se partiu o barco, morreron cando querían ir á costa que estaba a uns 100 metros de distancia pero as olas de 7 metros de altura lanzaban as persoas sobre as rochas. E os que foron mar dentro  salváronse.

Unha anécdota é o que lle pasou a unha nai con 5 fillos: a nai agarrou moi forte aos seus fillos, entón veu unha onda e levouse a un , ven outra e levase a outro, e ven outra máis e se leva a un máis, antes de que viñese outra nova colleu aos dous fillos que lle quedaban e saltou ao mar. Ao pasar uns días encontrouse o cadáver da nai agarrando as dous fillos.

Roberto Carballeda Morgade 5º EP

1 comentario:

  1. Para saber máis...
    https://www.youtube.com/watch?v=21RJ-A5ttm4

    ResponderEliminar