xoves, 12 de xaneiro de 2017

Encontro con Javier Gómez Noya



O día 26 de outubro no Pazo da Cultura de. Pontevedra, encontrámonos con este triatleta, xunto con outros colexios, para aprender un pouco sobre a súa vida.                 

Contounos que mentres se estaba preparando para ir a Río tivo unha caida mentres montaba na bici que lle ocasionou non poder ir. www.republica.com

 Tamén contóunos que foi 5 veces campión mundial, 4 veces campión de Europa e que gañou o “Premio Princesa de Asturias de Deportes”

Javi Gómez Noya, gran campeón e persoa.

Aprendemos que o esforzo continuo sempre acada metas e  que dos fracasos tamén se aprende moito, foi un día distinto e interesante. Estaba acompañadp do alcalde da  cidade: Miguel A. Fdez Lores que se amosou fachendoso da escolla de JGN de Pontevedra para adestrar e vivir.


Sonia Abelleira  e Olimpia Suárez 6º

ESCOLAS NAS ONDAS DE "PONTE NAS ONDAS" CON DAMIÁN ALONSO



As imaxes aquí:                

Gustounos moito como explicaba sobre os podcast e interpretaba moitas e variadas voces e personaxes, ademais, explicaba todo con gran soltura…

Tamén,  nos gustou moito a súa orixinalidade á hora de explicar sobre os podcast, e cando nos atrancabamos  axudábanos sen ningún problema…

E sobre todo, encantounos a súa amabilidade e a súa creatividade, porque ademais de ensinarnos sobre os podcast, tamén aprendemos moito sobre a dobraxe: as voces tan espectaculares...

A verdade,  temos ganas de tentar facer novos podcast e partillalos noutras redes como youtube, instagram… ou mesmo na nosa web do colexio.

+ info


  Noelia Cores Alvariñas
  Claudia Garcia Iglesias
  6º EP









                                        







Magosto 16

 
 
                                                   

Un día no noso colexio, tivemos unha festa e o señor Manolo, o noso conserxe, pediunos -se podiamos-  traer castañas e leña. A profesora de plástica, Gloria,  axudounos  a facer cucuruchos para despois botar as castañas, e os nosos profesores e o señor Manolo fixeron moitas castañas para todos e todas os do noso colexio. Nos puxeron música e todos bailamos como uns tolos, despois de iso estivemos facendo xogos que nos fixeron os nosos profesores. E para o final nos mandaron recoller todas as cascaras das castañas e a medida que recolliamos, nos manchabamos de carbón, e despois de iso xa nos imos cada un a nosa casa. Uns se foron no autobús e outros se foron no coche dos seus avós o dos seus pais.

Aquí as fotos
Sabela Sobral Franco
Uxía Esperón Sobral
6º EP

O ÚLTIMO DÍA DO ANO NO COLE



O día de fin de trimestre montaron unha festa na que pasámolo moi ben.
Veu Papá Noel e deunos a cada un, unha bolsa de lambetadas. Ao chegar ao recreo como era un día especial puxeron música e alargarono, máis tarde chegaron os nosos compañeiros que antes estaban en quinto e sexto, que agora están no instituto. Ao finalizar o recreo unha compañeira da nosa clase trouxo a Wii co Just Dance 2016 e o xogo da Voz, co que cantamos e bailamos no ximnasio.
Ao final da clase déronnos as notas e nos fomos para casa foi moi divertido

As fotos

Oscar, Mario e Roque de 6ºEP

Samaín entre cabazas


Samaín é unha celebración de fonte celta que o cristianismo chama 
“Día de Todos os Santos”.
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase volvendo a recuperar grazas a o traballo realizado nas escolas e varios concellos de Galicia. 
No noso cole celebramos Samaín, poñemos disfraces, pintámonos a cara, brazos, pernas,...
Os de sexto facemos un baile na biblioteca, tamén facemos unha exposición de cabazas e van vindo os nenos de curso en curso tamén tiñamos mais tempo no recreo,é os profesores poñen música e danos caramelos cando imos ver a exposición de cabazas que facemos todos os anos no cole.
¡Foi un dos mellores dias do ano!      



Verónica  Pereira
Andrea  Parada          
6º EP