domingo, 28 de febreiro de 2016

O NOSO CONTO VIAXEIRO

Esta semana estivemos moi atarefad@s construindo a nosa parte do conto viaxeiro.

A do "Conto Viaxeiro" é unha iniciativa que pretende promocionar o uso do galego, ademais de crear un traballo cooperativo entre o alumnado dalgunhas escolas de Pontevedra.

A edición deste curso 2015/16 ten como temática os legumes, xa que o 2016 é  O Ano Internacional dos Legumes e está organizada nesta ocasión polo CEIP Campolongo.

Estas imaxes recollen a continuación do conto "Legumízate", que xa pasou polo CEIP Parada -Campañó e polo CEIP Campolongo, e vai camiño da EEI Verducido, para finalizar no CEP Marcos da Portela.

No CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez @s autores/as son @s nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria.

Aquí vos deixamos o proceso de montaxe con todos os debuxos dos nen@s, que fixeron durante estas tardes as profes Pili e Pilar.


venres, 26 de febreiro de 2016

NASA: MISIÓN DESCUBRINDO O UNIVERSO

Estes días algo está a acontecer na aula de  6º de Educación Infantil, marcharon as luces e apareceu algo novo na aula.
De súpeto lembrámonos das estrelas, o sol... e decidimos investigar.


Sabemos o que son as constelacións e as estrelas. Imos coas galaxias.



Seguimos investigando para recadar máis información...

Coñecemos tamén a un tal Vicent Van Gogh que era pintor, pero non sei que lle deu e cortou unha orella. Ademais fixemos a nosa propia interpretación de "Una noche estrellada".

Tamén vimos a Miró e Calder


Se queredes ver ata onde chegamos non deixedes de ver o noso álbum.

domingo, 21 de febreiro de 2016

VISITA DAS ESCOLAS LOUSADA DE PORTUGAL

Esta semana visitounos un grupo de alumn@s do Agrupamento de Escolas Lousada de Portugal.

Coñeceron a nosa escola e compartimos con eles/as obradoiros de matemáticas, de linguas, de música e de xogos...


Aquí tedes un pequeno resumo do ben que o pasamos :)



mércores, 17 de febreiro de 2016

SAÍMOS NA REVISTA EDUGA

A revista Eduga publica no seu último número un artigo sobre o traballo feito coas TIC no noso cole o pasado curso 2014-2015: "Sobre o uso das TIC nas aulas".


Aquí vos deixamos o enlace, que aparece na súa sección Proxeccións, para que disfrutedes do mesmo xeito que nós o fixemos traballando xunt@s  :)


O DÍA DA RADIO NA CARACOLA

Esta fin de semana celebrouse un ano máis o Día da Radio. Dende a nosa emisora escolar, Radio Caracola, quixemos celebralo cunha emisión moi especial realizada polo profe Luis e o alumnado de 6º de EP.


Partindo  dunha enquisa sobre o valor da radio na vida das persoas fixemos esta pequena homenaxe as ondas, que nos acompañan en tantísimos momentos do día (e tamén da noite).
Aquí podedes escoitar o programa


Se queredes saber máis deste programa podédelo facer neste enlace ao portal de Radio Caracola.

venres, 12 de febreiro de 2016

APRENDEMOS A TÁBOA DO 2

Hoxe en 2º, coa profe Pili estivemos a aprender a táboa do 2. Para facelo usamos unha cuadrícula, os dados e as regletas Cuisenaire. Vexamos unhas fotos do proceso.


O primeiro que fixemos foi contar as casillas que tiñamos na cuadrícula. Eran 60. Desas 60 eliminamos 5 que tachamos cunha X grande. Quedáronnos 55 casillas en blanco.



En cada unha desas 55 casillas pintamos dados do dous, que máis tarde recortamos en pequenas pezas.


A profe Pili pintounos no encerado o xeito en que debiamos ir colocando os pequenos dados do 2 ata formar unha pirámide que ía do 1 ao 10.


E así as fomos facendo...



Unha vez colocadas e pegadas as pezas usamos as regletas Cuisenaire para comprobar cantos puntos había en cada fila.


Tras colocar as regletas e recontados os número, empezamos a facer as sumas de dados que tiñamos en cada fila.


A profe Pili axúdanos a comprobar en alto a tabla do 2 a través das regletas


 

E finalmente repasamos con Yago na pizarra se tod@s o temos ben feito :)