domingo, 11 de decembro de 2016

NamorAndo 2016

Durante sete  xoves de octubro e novembro participamos nunha actividade que se chama:     NamorAndo
Traballamos   en grupos  sobre as emocións: tristeza, raiba, medo...
Gustounos moito e todas as semanas esperabamos con ganas que chegara o xoves para estar con Jone, a psicóloga e Quiquirico, que  é  o pequeno dinosaurio que aparecía de cando en vez para que calaramos.
Ao final, votamos para elixir a unha nena e a un neno para que foran a pintar  un mural. Todos podedes ir a velo, está no muro do patio cuberto do colexio Vidal Portela.
Os organizadores fixeron  un video dese día e das emocións.  
                                                         Tamén podedes velo!!!  
Somos os e as de 4* de E. primaria

domingo, 6 de novembro de 2016

Miguel Hernández, esencia compartida.

En el mes de octubre, convivimos con Miguel Hernández y su obra de la mano de compañeros y compañeras de otras partes de España y de Italia dentro de este proyecto. Palabras Azules: un calendario lleno de vidas , lo pasamos muy bien , conocimos a Miguel Hernández y a nuevos compañeros con los que seguiremos trabajando este curso.


>

mércores, 26 de outubro de 2016

Encontro con Javier Gómez Noya

Onte tivemos a fortuna de compartir parte da mañá con Javi Gómez Noya, gran campeón e persoa.

Aprendemos que o esforzo continuo sempre acada metas e  que dos fracasos tamén se aprende moito, foi un día distinto e interesante. Estaba acompañadp do alcalde da  cidade: Miguel A. Fdez Lores que se amosou fachendoso da escolla de JGN de Pontevedra para adestrar e vivir.

A noticia na prensa.

mércores, 12 de outubro de 2016

english week

O noso alumnado de 6* de Primaria,está en Os Peares disfrutando dunha actividade semanal de inmersión en lingua inglesa. Podedes ver fotos de cada día no seguinte enlace: english week 16 , poñendo como usario: ospeares, e como contrasinal: otono16

Enjoy!

martes, 27 de setembro de 2016

Aprendemos da Dieta Mediterránea

Hoxe fixemos de cociñeiros e elaboramos unhas brochetas, o gañador foi o titor de 5º cunha presentación, diseño e bo gusto que provocaron  que  todos se chuparan os dedos.

Foi unha interesenate presentación da Dieta Mediterránea por un equipo do Ministerio de Agricultura e da Fundación da Dieta Mediterránea de tres profes capitaneada por Crsitina.

Moitas grazas polo convite!

As fotos

domingo, 1 de maio de 2016

Intercambio co CEIP Santa María da Fonsagrada

Vimos de compartir cos colegas lucenses dous días  que foron moi froitíferos e divertidos e tamén cos nosos colegas do Santo André de Xeve e de Parada-Campañó.
+ info en :
farodevigo
A dous quilómetros...

sábado, 2 de abril de 2016

A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebramos a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989.
Os nenos e as nenas de 2º de Educación Primaria traballaron con distintos xornais para saber que nos contaban en semanas sucesivas...





Ao longos deses días tamñen elaboraron a súa enquisa persoal de aula sobre os medios de comunicación que se coñecían e usaban nas súas casas. Aquí vos deixamos unhas fotos desta actividade.






 

venres, 25 de marzo de 2016

Obradoiro de doblaxe

A compañía FMEC Producións estivo no CEIP San Benito de Lérez con dous representantes de luxo, Suso Pando e Manuel Pombal
Ambos son actores de dobraxe e ensináronnos neste "Obradoiro de dobraxe" como se lles pon voz en lingua galega a un dos nosos personaxes favoritos Bob Esponja.


Ademais diso déronnos a oportunidade de nos converter en actores e actrices de dobraxe por un día e grabar a nosa propia escea poñéndolle voces de alumn@s da nosa aula.

Foi unha mañá moi divertida... gracias Suso e Manuel por nos vir visitar :)

Aquí vos deixamos unhas pinceladas do que fixemos e tamén do resultado final.


luns, 21 de marzo de 2016

VI Encontro Galego das Escolas Asociadas Unesco





Toda a información do Encontro  neste enlace

E aquí unhas fotos d@s nos@s alumn@s en acción






Grazas compañeiros.

luns, 7 de marzo de 2016

REFLEXIONAMOS SOBRE O DÍA DA MULLER

A LOITA

O alumnado de 1º de primaria está na cola para saír da aula e voltar á casa. María é miúda pero chegou a primeira, feliz e fachendosa polo éxito, agarda a que toque o timbre e ser por fin hoxe a que encabece á fila.

Hoxe sairá a primeira. Acadou o seu posto soiña. É seu.

Pasan os segundo e á cola chegan máis nenos e nenas. Dous deles póñense detrás de María, empezan a xogar, pero a cousa tórcese e as brincadeiras pasan a empurróns, e María, que ata entón se mantivera firme e leda, empeza a se asustar... “ao final daránme a min”, pensa, “e quererán quitarme o posto”, “e xa non poderei ser a primeira”...

A pelexa segue e chegan os forcexeos, e máis tarde os golpes... os nenos son altos, fortes e brutos... e María, aínda que foi a primeira, segue a ser miúda... Os golpes aparecen finalmente tamén para ela, na trifulca alguén a desplaza, alguén a manca... e veñen as bágoas... así que agarra a súa mochiliña de rodas, e saloucando chea de mocos, deixa o primeiro posto da cola moi disgustada, polos golpes do corpo, si, pero tamén polos da alma.

María xa non é a primeira, aínda que o posto sempre foi seu, porque o conseguiu por méritos propios.

A escola é sen dúbida un trasunto da sociedade que está “aí fora”... por iso cómpre empezar por ela... por todas as Marías que chegaron e chegarán primeiro á cola...

Loitaredes por nós?  Loitaredes con nós?


Mestra en Prácticas
No Día da Muller do 2016



Debate realizado (con moito xeito  e moi bo tino) polo alumnado de 6º de Educación Primaria con motivo da celebración do Día da Muller


O VENRES É DÍA DE CONTOS

Os venres son días moi especiais, despedimos a axetreada semana no mellor sitio do mundo, na biblioteca. Sempre que podemos lemos un conto, en alto, deseses que nos deixan pamp@s e coa boca aberta.
Aquí está a profe Pili nunhas desas sesións.




E se se isto non fora o suficientemente fantástico ademais levamos un novo cada semana para ler na casa...
Así da gusto empezar a fin de semana! :)





xoves, 3 de marzo de 2016

ESTIVEMOS NA ÓPERA

Esta semana tivemos a sorte de asistir a unha función de ópera no Pazo da Cultura de Pontevedra. Fumos ver a representación de Guillermo Tell de Giacomo Rossini, representado pola Compañía La Baldufa.





Encantounos a escenografía tremendamente versatil e o xeito en que os actores e as actrices conectaron con tod@s @s que alí estabamos.






Unha experiencia moi grata que traballamos previamente na clase de música coa profe Fátima, o que nos axudou a comprender todo canto pasaba sobre o escenario.

Aquí deixamos unhas fotos dunha mañá tan divertida e sobre todo ben diferente.





mércores, 2 de marzo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria leu poemas da escritora na aula e interpretamos a ilustración que do poema Adiós ríos, adiós fontes fixo para este día a ilustradora galega Aurora Cascudo Román.

A propia ilustradora prestounos  a ilustración sen darlle cor para que o noso alumnado fixera a súa propia versión. Ao mesmo tempo que pintabamos tamén escoitabamos a versión musical do poema...



Foi unha mañá bonita, chea de poemas e de música, a mellor homenaxe que lle podemos render á nosa poeta máis ilustre.

Aquí deixamos unha pequena montaxe onde podedes ver cant@s artistas temos neste colexio.



Esta actividade xa  forma parte da campaña da Asociciación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega #mobilizarosalía con motivo da Celebración do 24 de xaneiro, Día de Rosalía.

Aquí tedes o enlace onde podedes ver outros proyectos xunto co noso, que está no posto número 60.

martes, 1 de marzo de 2016

MASTER CHEF JUNIOR: AS RICAS E DELICIOSAS MADALENAS

Estes/as nen@s de infantil están a se voltar "tol@s". Hoxe pola mañá como non deberon de traer as merendas (máis ben non lles debían apetecer...) deulles por se poñer a facer madalenas!
Pasárono pipa, aprenderon a empregar a báscula, as cantidades (ducia, gramos...), mancháronse o que puideron, pero quedoulles todo xenial.



domingo, 28 de febreiro de 2016

O NOSO CONTO VIAXEIRO

Esta semana estivemos moi atarefad@s construindo a nosa parte do conto viaxeiro.

A do "Conto Viaxeiro" é unha iniciativa que pretende promocionar o uso do galego, ademais de crear un traballo cooperativo entre o alumnado dalgunhas escolas de Pontevedra.

A edición deste curso 2015/16 ten como temática os legumes, xa que o 2016 é  O Ano Internacional dos Legumes e está organizada nesta ocasión polo CEIP Campolongo.

Estas imaxes recollen a continuación do conto "Legumízate", que xa pasou polo CEIP Parada -Campañó e polo CEIP Campolongo, e vai camiño da EEI Verducido, para finalizar no CEP Marcos da Portela.

No CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez @s autores/as son @s nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria.

Aquí vos deixamos o proceso de montaxe con todos os debuxos dos nen@s, que fixeron durante estas tardes as profes Pili e Pilar.


venres, 26 de febreiro de 2016

NASA: MISIÓN DESCUBRINDO O UNIVERSO

Estes días algo está a acontecer na aula de  6º de Educación Infantil, marcharon as luces e apareceu algo novo na aula.
De súpeto lembrámonos das estrelas, o sol... e decidimos investigar.


Sabemos o que son as constelacións e as estrelas. Imos coas galaxias.



Seguimos investigando para recadar máis información...

Coñecemos tamén a un tal Vicent Van Gogh que era pintor, pero non sei que lle deu e cortou unha orella. Ademais fixemos a nosa propia interpretación de "Una noche estrellada".

Tamén vimos a Miró e Calder


Se queredes ver ata onde chegamos non deixedes de ver o noso álbum.

domingo, 21 de febreiro de 2016

VISITA DAS ESCOLAS LOUSADA DE PORTUGAL

Esta semana visitounos un grupo de alumn@s do Agrupamento de Escolas Lousada de Portugal.

Coñeceron a nosa escola e compartimos con eles/as obradoiros de matemáticas, de linguas, de música e de xogos...


Aquí tedes un pequeno resumo do ben que o pasamos :)



mércores, 17 de febreiro de 2016

SAÍMOS NA REVISTA EDUGA

A revista Eduga publica no seu último número un artigo sobre o traballo feito coas TIC no noso cole o pasado curso 2014-2015: "Sobre o uso das TIC nas aulas".


Aquí vos deixamos o enlace, que aparece na súa sección Proxeccións, para que disfrutedes do mesmo xeito que nós o fixemos traballando xunt@s  :)


O DÍA DA RADIO NA CARACOLA

Esta fin de semana celebrouse un ano máis o Día da Radio. Dende a nosa emisora escolar, Radio Caracola, quixemos celebralo cunha emisión moi especial realizada polo profe Luis e o alumnado de 6º de EP.


Partindo  dunha enquisa sobre o valor da radio na vida das persoas fixemos esta pequena homenaxe as ondas, que nos acompañan en tantísimos momentos do día (e tamén da noite).
Aquí podedes escoitar o programa


Se queredes saber máis deste programa podédelo facer neste enlace ao portal de Radio Caracola.

venres, 12 de febreiro de 2016

APRENDEMOS A TÁBOA DO 2

Hoxe en 2º, coa profe Pili estivemos a aprender a táboa do 2. Para facelo usamos unha cuadrícula, os dados e as regletas Cuisenaire. Vexamos unhas fotos do proceso.


O primeiro que fixemos foi contar as casillas que tiñamos na cuadrícula. Eran 60. Desas 60 eliminamos 5 que tachamos cunha X grande. Quedáronnos 55 casillas en blanco.



En cada unha desas 55 casillas pintamos dados do dous, que máis tarde recortamos en pequenas pezas.


A profe Pili pintounos no encerado o xeito en que debiamos ir colocando os pequenos dados do 2 ata formar unha pirámide que ía do 1 ao 10.


E así as fomos facendo...



Unha vez colocadas e pegadas as pezas usamos as regletas Cuisenaire para comprobar cantos puntos había en cada fila.


Tras colocar as regletas e recontados os número, empezamos a facer as sumas de dados que tiñamos en cada fila.


A profe Pili axúdanos a comprobar en alto a tabla do 2 a través das regletas


 

E finalmente repasamos con Yago na pizarra se tod@s o temos ben feito :)