luns, 27 de abril de 2015

PREMIO AUDIOVISUAL OLLOBOI 2015. SOMOS CANDIDAT@S!

XA PODEDES VOTAR, SE QUEREDESES POR "O MILAGRE", ANDA POLO MEDIO DA LISTA (NÚMERO 74) ,
para votar:
 https://goo.gl/bXxSYB

Moitas grazas!


Se o outro día presentavamosvos o noso vídeo de Ponte a Europa, "O Milagre", hoxe temos que falar de que ese mesmo vídeo acaba de ser seleccionado como candidato para poder gañar o premio Olloboi 2015. Un festival audiovisual no que participan centros de primaria e secundaria de toda a Comunidade.

Moita sorte a tod@s e a ver se continúan os milagros!


Preme na imaxe para ver os vídeos candidatos, somos o número 74

martes, 14 de abril de 2015

O MILAGRE

Co gallo da nosa participación este ano no proxecto Ponte a Europa o alumnado de 6º de Primaria decidiu facer un vídeo para falar do San Benito, o santo que da nome ó noso cole e tamén ó mosteiro que se atopa moi preto de aquí.
Para eso fixeron a recreación dun milagre que segundo as propias verbas do Pai Feixoó presenciou en directo alá polo século XVIII. Mirade que artistas están feit@s est@s nen@s.

MILAGRE! 
MILAGRE!

sábado, 11 de abril de 2015

DÁLLE Á LINGUA EN ABRIL



Rosalía, Santo André de Teixido, Castelao, os animais máxicos do Cartafol do Lérez,unha app para facer feliz á xente, a Praia das Catedrais na Mariña, os contos que escribimos, 30 anos no corredor da morte sendo inocente ou lembrar o desastre do Prestige, nas voces dos nosos locutores/as de 5º e nas ondas de Onda Cero Pontevedra, (103,6 FM e 98,6 FM) ou na súa web, do 13 ao 24 de abril cada día ás 11:50h, grazas a Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra.

mércores, 1 de abril de 2015

OS MELLORES MOMENTOS

O prometido é débeda. Déixovos un vídeo coas tomas falsas dos telexornais. A ver quen aguanta máis dun minuto sen soltar unha gargallada. Asumides o reto?


AQUÍ ESTÁN OS TELEXORNAIS

Durante un longo tempo, os nenos e nenas de Terceiro de Primaria estivemos preparando estes telexornais. A idea xurdiu de xeito espontáneo e converteuse nun pequeno proxecto relacionado co mundo da comunicación.

Non nos podemos esquecer de mencionar ao noso querido profe Javi, digno de loanza pola súa dedicación e sobre todo paciencia. Foi quen puxo todo o necesario durante tres longos días para que os vídeos se visen e se escoitasen cunha calidade profesional. Esperemos que lle guste o resultado. MOITAS GRAZAS JAVI!


Telexornal do venres 27 de marzo.

Telexornal do sábado 28 de marzo.

Todo comezou cando estabamos estudando as partes da noticia dun xornal e da maneira en que se redactan. Logo, cada un de nós tivemos que inventar unha do tema que quixeramos, o queu fixo que apareceran temas do máis variado: accidentes, asasinatos, naves espaciais, competicións deportivas… e foi aquí cando se prendeu a luceciña de facer un telexornal.

Pero, por suposto, isto sería posible se se contaba coa colaboración, o esforzo e o traballo de todos en conxunto, e xa estabamos avisados de que aquel ou aquela que non entregase as cousas a tempo e non se vira implicado no proxecto, non podería participar nel. A todos nos gustou a idea de ser “actores” por un par de días e aceptamos a proposta da mestra.

Entón, puxémonos mans á obra, pero axiña nos decatamos das súas carencias. “Pero profe, un telexornal ten varias partes (seccións): primeiro falan de todo un pouco e despois dos deportes e do tempo!”

Xenial! Para verificar se isto era así, puxemos na clase un telexornal e aprendemos moitas máis cousas: primeiro dinse de carreira todas as noticias que se van tratar (titulares), logo vaise unha por unha, despois veñen os deportes e por último dáse unha predición meteorolóxica. Pois se queriamos facer un verdadeiro telexornal, tiñamos que elaborar todas estas seccións! Así que aproveitamos a ocasión para aprender a interpretar un mapa do tempo empregando unha terminoloxía axeitada. Logo, tivemos que entregar a nosa predición.

Todo foi un ir e vir de noticias de todo tipo. A mestra corrixíanolas e nós deberiamos telas ben preparadas uns días despois e así ata que todo estivera perfecto.
Chega o momento de elaborar os guións, que foi cousa das profes Susi e Rocío. Deberían transformar as noticias escritas no guión dun telexornal, entregárllelas aos rapaces, ensaialas e aprendelas un pouco para que saíra o máis natural posible.

Co proxecto aprendemos tamén algúns termos novos: o “croma” e o “teleprompter ou cue”. Estudamos o seu funcionamento e a súa aplicación porque tamén os iamos utilizar na rodaxe do telexornal.
E sobre todo e máis importante: PASÁMOLO EN GRANDE, próximamente veredes as tomas falsas.