martes, 30 de decembro de 2014

NADAL NA ESCOLA

Como ben é sabido, durante o nadal certos personaxes teñen o poder máxico de estar en varios lugares á vez. En Galicia O Apalpador ten ese poder, pero tamén están os máis coñecidos Reis Magos ou Papá Noel. Este último foi o encargado de facernos unha visita este ano para darlle uns agasallos a tódol@s nen@s do CEIP San Benito de Lérez.

Preme na imaxe para ver a galería coa chegada de Papá Noel

luns, 15 de decembro de 2014

POSTAL DEL NADAL 2014

Dende O CEIP San Benito de Lérez en Pontevedra queremos desexarvos unhas felices festas e un feliz aninovo 2015.

domingo, 14 de decembro de 2014

NOVA WEB DA ESCOLA

A nosa querídisima escola ten unha nova web. Podes vela a través da ligazón de sempre, ou premendo na seguinte imaxe.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanbenitodelerez/


Estamos desexando que entredes a vela e deixedes por aquí os vosos comentarios e opinións.

CÓDIGOS QR

Xa temos novos códigos QR para as nosas ligazóns web.

Aínda non sabes o que son os códigos QR? Non hai problema, nesta ligazón podes enterarte de que son estos simboliños tan raros, para que serven e como usalos.

Os nosos son os seguintes, se os queres empregar preme sobre eles e co botón dereito do teu rato dalle a "gardar imaxe como..."

Web oficial do colexio

 Blog CEIP Lérez (este no que estamos)

Blog de Imaxinópole a nosa biblioteca

 Blog "O Areiro" da nosa ANPA




martes, 9 de decembro de 2014

TEMPO DE COGOMELOS

O pasado mes de novembro @s nen@s de 6º de Primaria fixeron unha saída ó monte da man dos especialistas da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.

Puideron desfrutar dos froitos e tesouros máis especiais do outono: os cogomelos.

Ademáis da aprendizaxe de convertirse en auténtic@s recolectores/as micolóxic@s, deleitáronnos cunha exposición no interior da escola.

Preme na imaxe para ver a galería coa nosa saída

mércores, 3 de decembro de 2014

REDE DE ESCOLAS UNESCO

No CEIP San Benito de Lérez estamos adscritos na Rede de Escolas UNESCO.
Visita o noso muro padlet para obter máis información.


martes, 2 de decembro de 2014

DÍA MUNDIAL D@ NEN@

A clase de 3º de Primaria aproveitando que o día 20 de novembro foi a Día Universal d@s Nen@s fixeron un xoguete caseiro. Un pequeno paracaídas cunha bolsa de plástico, papel de aluminio e un fío.

Con este pequeno vídeo móstrannos o seu traballo.

venres, 28 de novembro de 2014

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN INFANTIL

O P.E.L.O. ou Programa de Estimulación da Linguaxe Oral lévase a cabo polo profesorado de Audición e Linguaxe nas aulas de infantil para incentivar a adquisición das distintas características que conforman a nosa linguaxe e a nosa fala.

Hai moitas actividades para estimular a fala d@s pequen@s, unha moi boa é a música, xa que permite dun xeito lúdico que @s nen@s participen en cancións, recoñecendo a súa propia fala, a d@s compañeir@s e tamén as diferentes cualidades da voz como o timbre, a intensidade, o volumen e a altura ou tono. Ademáis o emprego das onomatopeias sérvennos para mellorar o noso sistema fonolóxico.

Co tema "A granxa do tío Manuel" facemos unha combinación de música e onomatopeias e @s nen@s de 4º de Infantil pásanno en grande. Mirade este vídeo e cantade con nós: "vinde xogar, vinde xogar, na nosa granxa pasarémola guay".

domingo, 23 de novembro de 2014

EXPOSICIÓN DOS SISTEMAS SOLARES

O alumnado de 5º de Primaria fixo unha exposición con todos os seus sistemas solares, dos que sen dúbida o mesmísmo Copérnico se sentiría orgulloso.

https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/sets/72157649419237562/
Preme na imaxe para ver a galería cos sistemas solares

martes, 18 de novembro de 2014

DÍA DA CIENCIA

Aproveitando que o día 10 de novembro foi o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, a clase de 3º de Primaria fixo un experimento. Construiu unha máquina simple, un barco a vapor que tan só necesita unha candea para poder surcar os mares.

Con este pequeno vídeo preséntanvos o seu experimento.

Para aprender a facelo inspiráronse neste tutorial de youtube.

xoves, 13 de novembro de 2014

MAGOSTO

O día do San Martiño desfrutamos dun magosto por todo o alto.

Con castañas feitas pola man de Manolo o noso castañeiro maior e con todo tipo de xogos populares, nenos e nenas desfrutaron dun día único a pesares dunhas condicións climatolóxicas un tanto adversas.

Ante o mal tempo boa cara ;)

Preme na imaxe para ver o resto das fotografías

SAMAÍN

En Imaxinópole viaxamos nin máis nin menos que 3.000 anos atrás para atoparnos cunha festividade celta, o SAMAÍN.

Unha tradición que se ven celebrando en Galicia dende anos atrás a noite de defuntos, cando as portas entre este mundo e o alén quedan abertas, permitindo atoparnos cos nosos antepasados. A nosa biblioteca invadiuse de este espírito enchéndose de cabazas talladas que alumeaban a chegada dos defuntos.

Preme na imaxe para ver o resto de cabazas

INAUGURACIÓN DE IMAXINÓPOLE


O 24 de outubro inaugurouse Imaxinópole, a nosa querida biblioteca.



Ademáis de quedar aberta a tempada de empréstitos tamén comezamos un período de dinamización  co noso blogue de biblioteca, onde poderedes contarnos as vosas lecturas favoritas, viaxes, pirangárllos, opinións, escribir os vosos propios textos e descubrir unha auténtica marexada de novidades.

Premede na seguinte ligazón e preparádevos para voar coa imaxinación
http://pirangarllos.wordpress.com

Tamén podes facer unha visita virtual premendo aquí.



NOVA GALERÍA FOTOGRÁFICA

Dende xa no CEIP San Benito de Lérez temos unha nova galería fotográfica, na que se irán poñendo as fotos do que vai acontecendo no noso centro.

Tede boa conta da nova dirección, alí poderedes ver todas as novidades.
https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/



BENVID@S


Benvid@s ó noso novo blogue que comeza neste curso 2014-2015.



Neste espacio dixital iremos dando conta das distintas singladuras dos nenos e nenas do CEIP San Benito de Lérez.

Apuntádevos nesta singular viaxe e desfrutade deste camiño polo noso propio sistema solar particular ;)