venres, 20 de abril de 2018

Troca a lingua, proba en galego!

Dobraxe - Caracola TV from CEIP Lérez on Vimeo.

Que falta hai do galego hai no audiovisual! por iso trocamos a lingua nun exercicio creativo e divertido.
(Proxecto de creación e produción de contidos en galego co alumnado do CEIPP San Benito de Lérez. Curso 6º de Ed. Primaria no ano 2017-2018.Idea e dirección de Denís Losada coa colaboración de Tania Garrido)

RAFISALIS: unha historia máxica.

Rafisalis é un produto dun traballo demorado para iniciar ao alumnado de 2º de EP na creación de banda deseñada.
Principiamos cun vídeo motivador
e logo fomos traballando no deseño da protagonista, unha superheroina capaz de resolver os problemas cotiáns do cole sen  axuda do profesorado. Deseñamos e configuramos, fixemos un pequeno storyboard e finalmente realizamos.
Ao día de hoxe, a nosa  Rafisalis está non Salón do Libro de Pontevedra coñecendo a moitos visitantes que por alí se pasan cada día, axudando a quen precisa!

xoves, 22 de marzo de 2018

Mochilas viaxeiras

Xa tiñamos ganas de levar Imaxinópole (a nosa biblio) ás casas do noso alumnado. Onte viaxaron as mochilas de E. Primaria que conseguimos preparar nestas últimas semanas coa axuda de Laura Goldar a quen estamos moi agradecidos.
Hai uns días mandamos esta carta ás familias:

Queridas familias,


Inauguramos este curso unha nova actividade da biblioteca escolar, as  MOCHILAS VIAXEIRAS coa intención de ampliar a biblioteca a toda a comunidade educativa, é dicir, ABRIMOS PORTAS  ao gozo pola lectura en familia.
 
As MOCHILAS VIAXEIRAS estarán unha semana enteira nas vosas casas e  rotarán por todo o alumnado de cada curso. De aí a importancia de coidar os libros para que toda a comunidade poida gozar deles en perfectas condicións.


A composición das  mochilas é variada con  exemplares de poesía, álbum ilustrado, banda deseñada, informativos... Queremos mostrarvos o escaparate dunha biblioteca diversa, atractiva e formativa. Tamén rendemos unha  homenaxe a nosa veciña ilustre FINA CASALDERREY incluíndo un libro seu en cada mochila.


Por último pedimos a vosa colaboración para que escribades un pequeno texto sobre ese primeiro libro que vos deixou unha  pegada fonda e unha lembranza inesquecible. Cada páxina estará destinada a unha familia e a participación deberá correr a cargo de calquera adult@ da mesma.


Esperamos que gocedes connosco desta nova andaina.




A biblioteca

luns, 12 de marzo de 2018

GANADORES DOS PREMIOS EUROPEOS eTwinning 2018



Ainda que o importante é o camiño, agradecemos a concesión do Premio «Peyo Yavorov», para proyectos de fomento de la lectura en la juventud (patrocinado por el Servicio Nacional de Apoyo de Bulgaria) a Palabras Azules: un calendario lleno de vidas
proxecto no que tivemos a fortuna de poder participar xunto con outras escolas do resto do estado e outras italianas.

 Os nosos parabéns ao alumnado que participou (parte xa está no insti) e animalos a seguir participando noutros proxectos que virán.

+ info